BRIGANTIUM: SAÍDA POLA CORUÑA ROMANA
Bo día historiadores e historiadoras Clementinas:
Esta semana, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria visitou a cidade de A Coruña. Aínda que o tempo meteorolóxico non foi moi bo, puideron ver a Torre de Hércules,único faro romano en funcionamento, e algúns dos restos Romanos que a cidade garda. Aínda así o tempo non nos permitiu facer todo o que tiñamos pensado, pero... como ao mal tempo, boa cara... aproveitamos para visitar o Aquarium Finisterrae.
Deixámosvos un vídeo resumo da xornada. Esperamos que o disfrutedes casi tanto coma nos!
Comentarios
Publicar un comentario