Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

PONTE ROMANA E FERVENZAS DE SEGADE

Imagen
 Bo día a todas e a todos: Os alumnos/as de 5° e 6° de primaria fixemos unha andaina ata as fervenzas de Segade para rematar o trimestre nunha xornada de convivencia e contacto coa natureza. Foi realmente emocionante descubrir covas ocultas, ver a ponte romana de Segade e seguir o sendeiro monte a través ata as fervenzas. Unha vez repuxemos forzas emprendemos o camiño de volta, nesta vez quedámonos con flores curiosas que atopamos polo camiño como o couselo, o botón de ouro...ata fixemos trompetas co centeo!

PODCAST: Camiñando pola Vía XIX (Capítulo 3)

Imagen
   Bonum diem Clementinas e Clementinos: Hoxe continuamos co alumnado de Primaria e o seu Podcast "Camiñando pola vía XIX. Neste capítulo falaremos de Marzo e da súa historia. que debe o seu nome ao Deus Marte, deus da guerra e das colleitas.  Buscamos información, preparamos o guión e buscamos a forma de transmitir estes novos coñecementos aos máis pequenos da escola. E a verdade é que o alumnado do noso centro ten tanto talento que quedou este maravilloso video-podcast.  Desfrutade deste terceiro capítulo  , e segide atentos que aínda nos queda moito que aprender!!

PODACAST: Camiñando pola Vía XIX (Capítulo 2)

Imagen
  Bonum diem Clementinas e Clementinos: Hoxe continuamos co alumnado de Primaria e o seu Podcast. Buscamos información, preparamos o guión e buscamos a forma de transmitir estes novos coñecementos aos máis pequenos da escola. E a verdade é que o alumnado do noso centro ten tanto talento que quedou este maravilloso video-podcast.  Neste novo programa de "Camiñando pola Vía XIX" falaremos do mes de febreiro, adicado a deusa Februa, nai de Marte e tamén de Februus, deus dos infernos.  Desfrutade deste segundo capítulo , e segide atentos!!

BRIGANTIUM: SAÍDA POLA CORUÑA ROMANA

Imagen
 Bo día historiadores e historiadoras Clementinas: Esta semana, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria visitou a cidade de A Coruña. Aínda que o tempo meteorolóxico non foi moi bo, puideron ver a Torre de Hércules, único faro romano en funcionamento, e algúns dos restos Romanos que a cidade garda. Aínda así o tempo non nos permitiu facer todo o que tiñamos pensado, pero... como ao mal tempo, boa cara... aproveitamos para visitar o Aquarium Finisterrae. Deixámosvos un vídeo resumo da xornada. Esperamos que o disfrutedes casi tanto coma nos!