ENTROIDO ROMANO

 Prezadas familias:

Compartimos con vós as fotos do Entroido Clementino 2024. Este ano, de acordo ao proxecto de centro, a temática foi a Romanización. Dende a Infancia en Roma representada por Educación Infantil, pasando pola cabalería (1° ciclo de Educación Primaria), o Exército do 2°ciclo de Educación Primaria, chegamos aos Patricios e escravos de 5° e 6° de EP cos cales amosamos algunhas das clases sociais propias da Época.

Queremos agradecer a colaboración da ANPA na elaboración das carrozas temáticas que elaboraron, e por suposto pola aportación do chocolate e biscoito. E como non, a todas as familias do centro que aportaron unha merenda de doces típicos do Entroido!



Comentarios

Entradas populares de este blog

PODCAST: Camiñando pola Vía XIX (Capítulo 1)

SAÍDA Á PONTEVEDRA ROMANA

PODCAST: Camiñando pola Vía XIX (Capítulo 4)