Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

LUCUS AUGUSTI: VISITAMOS O LUGO ROMANO

Imagen
 Queridísimas Familias:  Hoxe tivemos unha xornada marabillosa para o alumnado do 2° e o 3° ciclo de Primaria. Visitamos a cidade galega romana por excelencia, Lugo, onde pudemos comprobar cos nosos propios ollos, as pegadas que deixaron os romanos. Desfrutade deste video resumo!

ENTROIDO ROMANO

Imagen
  Prezadas familias: Compartimos con vós as fotos do Entroido Clementino 2024. Este ano, de acordo ao proxecto de centro, a temática foi a Romanización. Dende a Infancia en Roma representada por Educación Infantil, pasando pola cabalería (1° ciclo de Educación Primaria), o Exército do 2°ciclo de Educación Primaria, chegamos aos Patricios e escravos de 5° e 6° de EP cos cales amosamos algunhas das clases sociais propias da Época. Queremos agradecer a colaboración da ANPA na elaboración das carrozas temáticas que elaboraron, e por suposto pola aportación do chocolate e biscoito. E como non, a todas as familias do centro que aportaron unha merenda de doces típicos do Entroido!

PODCAST: Camiñando pola Vía XIX (Capítulo 1)

Bonum diem Clementinas e Clementinos: Hoxe estamos de estreno, o alumnado de Primaria, elaborou durante estes días un novo podcast para aprender un pouco máis  sobre a cultura e historia romana, e como se relaciona cos conceptos actuais.  Buscamos información, preparamos o guión e buscamos a forma de transmitir estes novos coñecementos aos máis pequenos da escola. E a verdade é que o alumnado do noso centro ten tanto talento que quedou este maravilloso video-podcast.  Neste Primer capítulo, dunha totalidade de 12, falaremos da historia do calendario Romano e de onde procede o seu nome. Ademáis coñeceremos a historia do mes de xaneiro que honraba ao deus Xano. Desfrutade desta primeira entrega , e estade atentos, porque virán maís!!