A PEGADA ROMANA EN CALDAS
Bo día lectores e lectoras: Ao longo desta semana, aproveitando o bo tempo, visitamos Caldas de Reis para coñecer a pegada que deixaron os romanos na nosa vila. Paseamos pola vía XIX e a ponte romana, sobre o río Bermaña, que formou parte dun antigo camiño militar romano. Tamén, visitamos a fonte das burgas, xa que a longa tradición das augas termais de Caldas, vén dende a época romana; e o lavadoiro que se abastece de auga quente. Pasamos por debaixo da ponte da Ferrería, que ten cinco arcos de medio punto, para logo rematar a ruta no xardín botánico. Moitas grazas a Celina que nos acompañou no recorrido explicándonos e resolvendo as nosas dúbidas. Ademais, aproveitamos a visita para coñecer distintos servizos da vila como a panadaría, o mercado e a biblioteca municipal. Tamén merendamos ao aire libre, paseamos polo río Umia e divertímonos nos parques infantís. Seguimos avanzando no noso proxecto sobre a Romanización en Galicia. Deixámosvos una mostra dos diferentes días. Compartimo